Adeus á Saeta Rubia…

Aínda non recuperados do shock coa morte de Ana María Matute, chega hoxe a nova de que nos deixa Alfredo Di Stefano, gran xogador de fútbol e mito do madridismo.

Desde o sábado se atopaba na UCI do Hospiltal Gregorio Marañón de Madrid despois dunha parada cardíaca e da que xa non se recuperou.

Polo tanto, toca pagarlle a correspondente paparota a María, así que xa sabe como proceder.

Ata sempre Ana María Matute

Pois si, hoxe deixounos a escritora Ana María Matute, premio Nadal e Cervantes, así como outros premios impotantes grazas ao seu bo facer como escritora con títulos para todas as idades, destacando Olvidado Rey Gurú e cuxa traxectoria podes atopar nestes dúas enlaces:

http://cultura.elpais.com/cultura/2014/06/25/actualidad/1403686135_962240.html

http://www.cadenaser.com/cultura/articulo/muere-escritora-ana-maria-matute/csrcsrpor/20140625csrcsrcul_1/Tes

E no que nos atinxe a nos, pois Paula vai ser que se estrea nisto de cobrarse unha cea, así que a sabe como proceder e será pagada dentro dos 3 vindeiros meses e procederase a renovación de candidatos se alguén o estima oportuno.

Non hai 2 sen 3…

Pois si, xa vedes, aínda no celebramos as honras fúnebres por Margarita e Sarita e xa temos que ir preparando as de Alfredito porque esta tarde deixounos Alfredo Landa, gran actor español con títulos como “La vaquilla”, “Los santos inocentes” ou “El bosque animado”, entre outras películas e series de televisión.

Polo tanto Javi, que se estrea como gañador, toca que lle paguemos unha cea, así que xa sabe como proceder.

O nunca visto: dous nun día

A ex-primeira ministra británica Margaret Thatcher, no poder entre 1979 e 1990, faleceu este luns aos 87 anos dun ataque de apoplexía, según informou o seu portavoz, Lord Bell. Así que temos un dous por un de irmás Conde Seguín. Só falta que palme un de Nerea. Seguiremos agardando pola data e o lugar.

Morreu Sara Montiel

Hoxe, 8 de abril, faleceu aos 85 anos María Antonia Alejandra Vicenta Elpidia Isidora Abad Fernández, máis coñecida como Sara Montiel. Despois de moitos meses, máis dun ano en realidade, teremos nova cena da porra mortal. Parabéns a Rosa e que vaia escollendo data e lugar.

Papa Paco

Paco paco paco. Escollo ao papapaco

Como Beyoncé

Visto que Stan Lee decidiu facer uso dos seus superpoderes, e non morrer este ano, tócame cambiar o candidato. Propoño a Henry Kissinger (27-5-1923), aínda que mala herba nunca morre. Se en dez días ninguén ten nada que obxectar, dareino por aceptado.

Morreu un histórico

Da porra, e histórico da Historia… Hoxe faleceu Santiago Carrillo a idade de 97 anos mentres durmía a sesta. Un dos tres diputados que non se botou ao chan cando Tejero entrou no congreso.

Incorporación de candidato: Ruíz Mateos

O outro día veume á memoria Pinochet como exemplo de morte rápida tras examen forense que descartou a súa extradición por motivos de saúde. Acertaron. Soamente durou sete anos e a súa morte non tuvo absolutamente nada que ver coa súa idade. Lembremonos que o animaliño deixornos a terna idade de 91 anos, un rapaz, no millor da vida.

Aproveitando que a xustiza di que anda moi maliñoo Ruíz Mateos e aproveitando que os seus peritos nunca se equivocan. Vou cubrir a vacante que tiña na porra con este home:

– É un paxaro?

– SII!

– É un avión?

– NON! Pareces parvo non ves que os avións non están feitos de carne. Un avión, que cousas…

– É SUPERMÁN!

– Pero… Que vai ser supermán nin que nabo! É Ruíz Mateos con botas camperas

 

Cambio de candidato

Como Alfonso non se decide a cambiar o seu candidato, eu vou a adiantarme e cambiar o meu que caducou fai uns días, Christopher Lee. Así que propoño a votación a elección de Isabel II do Reino Unido (86 anos) como a miña candidata. Xa sabedes que tedes 10 días a partir de hoxe para expresar a vosa opinión.


Actualización: Como ninguén di nada, dou por bo o meu candidato.

Páxina seguinte »